Inicio de sesión

Hoxe celebramos

Aquí tedes a segunda guía, neste caso adentrámonos no marabilloso museo do Louvre. Tedes a audioguía a continuación, e o profe pasaravos o enlace para a guía gráfica. Que o disfrutedes!!! [audio mp3="https://radiomocidade.gal/wp-content/uploads/2023/03/Louvre_1.mp3"][/audio]...

Hoxe celebramos a nosa visita ao centro Pompidou Nesta ligazón tedes o documento de benvida ao centro: unha presentación en imaxes  coa que percorremos os espazos do museo. Acompañamos tamén unha audioguía que explica as obras que podemos admirar nas distintas salas. GUÍA CENTRE POMPIDOU [audio mp3="https://radiomocidade.gal/wp-content/uploads/2023/03/Pompidou.mp3"][/audio]    ...

Empezan os días do entroido en Galicia, aquí no Baixo Miño temos unha gran tradición, e son varias as localidades onde festexamos estes días de rúa, disfraz e amizade compartida. Neste programa, Nuria e Sarah falan dos entroidos doutra zona de Galicia. Na parte técnica...

[audio mp3="https://radiomocidade.gal/wp-content/uploads/2022/11/25N22.mp3"][/audio]   O 25N celébrase o Día contra a Violencia de Xénero. É unha data importante para pensar, deseñar e meditar sobre o mundo que queremos construir. Ana, Antía, Nerea, Paula e Victoria, todas elas alumnas da materia de Literatura Universal de 1º Bach, ofrecéronse para darnos...

Escoita un relato da obra Cousas de Castelao. Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Este libro publícase por primeira vez no ano 1926,  e nel Castelao inventa un novo xénero. Neste relato o autor fálanos da morte...

Estreamos hoxe "A illa das emocións",  un precioso relato de Jorge Bucay, que adaptamos para a nosa radio coas voces escollidas dos profes do IES. No relato, as emocións teñen que escapar da illa onde viviron sempre, porque esta comeza a afundirse no mar. So...

Nesta sección imos realizar un seguimento das competicións deportivas que se celebran no noso IES, e tamén informaremos das distintas competicións nas que participa o noso alumnado. No audio de hoxe, Martín e Lara fálannos dos resultados da competición de brilé e entrevistan a Érika...

Hoxe celebramos a festa do Samaín, a festividade celta que marca o inicio do inverno. Neste primeiro programa do curso escoitamos relatos relacionados co mal de ollo que nos poden transmitir algúns animais. O mal de aire. [audio mp3="http://radiomocidade.gal/wp-content/uploads/2021/11/SAMAIN-21.mp3"][/audio]...

HOXE CELEBRAMOS que nestes días, dende as titorías de FP Básica e ESO, estase a desenvolver unha serie de actividades baixo o lema #QueremosEscoitarte para o día da paz e non violencia, que se celebra este sábado 30 de xaneiro. O luns contaremos có resultado final...