Inicio de sesión

Voces novas

 

O Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño nace coa intención de establecer unha canle permanente de participación na actividade municipal de nenos, nenas e adolescentes, especialmente para tratar aquelas cuestións que lles afecten dun xeito directo.

As Voces Novas de Tomiño teñen nesta sección da radio unha nova voz para expor os seus proxectos a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes e de fomentar a súa participación activa na vida tomiñesa.

 

  • Estamos encantadas e encantados de presentarvos o primeiro programa de radio Voces Novas. Cada mes achegarémosvos unha temática diferentes á redor da cal tratará todo o programa, ademais de entrevistas, música e moitas cousas máis. Neste primeiro programa acompañámosvos Alfredo, Carmen e Xoel para facervos......

  • Programa 2: No programa de hoxe acompañámosvos Irene e Xavi. Fixémoslle unha entrevista a Fátima, concelleira de Xuventude. Queredes saber máis sobre ela? Pois só tes que darlle ao Play....

  • Neste novo programa podedes escoitar un relato breve de Javier Lluch. Agardamos que o disfrutedes!!...

  •   Neste programa entrevistamos a Lidia Cao. Artista creadora do novo mural que embelece Tomiño. Falamos con ela da súa arte e da súa vida. Acompáñanos, e descubre cómo unha moza do rural galego chega a deixar a súa pegada no outro lado do mundo....

  • No programa de hoxe entrevistamos a Laura, integrante da treboada “Os Terribles de Tomiño” para que nos achegue información destas formacións tan típicas do noso concello” Agardamos que o disfrutedes.  ...

  • No terceiro programa da segunda tempada, Alfredo e Sabela cóntannos as qué se coce por Tomiño, facendo un repaso pola axenda 2022. Toda a programación que nos ofrece o concello para non quedar tiradas no sofá.    ...