Inicio de sesión

Séjour à Tomiño/estadía en Tomiño

Séjour à Tomiño/estadía en Tomiño

EDUFRANCE: PROGRAMA DE INTERCAMBIO 

IES ANTÓN ALONSO RÍOS/LYCÉE BOUCHER DE PERTHES (Abbeville)

O noso IES recibiu, do 16 de abril ata o 23 de abril, a quince alumnas e alumnos franceses do Lycée Boucher de Perthes (Abbeville, Francia) ao abeiro do programa de intercambio EDUFRANCE.

O noso alumnado de Francés pasou en marzo unha semana no norte de Francia, en Abbeville, unha cidade da Picardía. Tivo a oportunidade de visitar diferentes puntos de interese histórico e cultural como Amiens, Baie de Somme, Eu, Mers les Bains, Le Tréport e mesmo París. Os nosos alumnos e alumnas foron acollidos polas familias do Lycée Boucher de Perthes e asistiron a clase cos seus correspondants. A súa hospitalidade foi insuperable!. Crearonse lazos de amizade  que perdurarán no tempo.

O grupo francés estivo no IES do 16 de abril ata o 23 de abril e foi acollido polas familias tomiñesas. Na súa estadía participaron nas aulas e realizaron varios obradoiros en Polos Creativos e na Biblioteca.  Aproveitaron para coñecer a nosa rexión acompañados polo noso alumnado. Visitaron o Baixo Miño, Pontevedra e o Castelo de Soutomaior, Vigo, as Illas Cíes e Santiago de Compostela. E, por suposto, leváronos de festa por todo o concello.

Neste podcast escoitamos a alumnado e profesorado francés facer reflexións sobre a súa estadía no noso centro.