02 Nov O noso Samaín
HOXE CELEBRAMOS o Samaín do IES Antón Alonso Ríos. Como debe ser estes días temos que lembranos das curuxas, mouras, meigas e defuntos. Son tempos de feitizos e encantamentos. Estade ben atentas e atentos ás nosas historias, para nunca esquecermos destas critaturas… AS CRIATURAS DO OUTRO MUNDO.
ALGÚNS DATOS
O Samaín é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou “metade escura” do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh. Historicamente, foi amplamente celebrado en Irlanda, Escocia e a Illa de Man. Festividades semellantes celébranse na mesma época do ano noutros territorios celtas, como as britónicas Calan Gaeaf (en Gales), Kalan Gwav (en Cornualles) e Kalan Goañv (na Bretaña), sendo estas dúas pólas da festividade igual de antigas. En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990,[2] que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos, na de tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas.[3]
(Wikipedia)