Inicio de sesión

Protección civil

Protección civil

 

Elsa e Iván, responsables da organización de Protección Civil de Tomiño, nos comentaban hoxe, na Radio Mocidade, o seu 25 aniversario neste 2020. Destacaron o apoio recibido das institucións, en particular, do Concello de Tomiño, xa que contan con medios máis que suficientes para manter un adecuado servizo os cidadáns. Desde este medio, gustaríanos agradecer o gran traballo e o esforzo diario de cada un dos voluntarios, para garantir a seguridade da que tanto precisamos, e desexamos ver crecer o número de voluntarios.