
20 Mai Poesía urxente 4. Roque Dalton
Roque Dalton García, nado en San Salvador o 14 de maio de 1935 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1975, foi un poeta e revolucionario do Salvador. Esta semana falamos del e da súa poesía de pedrada, de revolución. Hugo Cardoso le “Como tú” de Roque Dalton. Acompáñao na lectura a música de Xulia Lechuga.