Inicio de sesión

Meninos cantores 2

Meninos cantores 2

No ano 2005, o noso centro, daquelas o IES de Tomiño, participou na 1ª edición  do disco Meninos Cantores. 16 anos despois, voltamos a embarcarnos nesta aventura. O disco/documental xa está feito. en xaneiro de 2022 faremos unha presetnación no Auditorio de Goián,  xunto cos nosos compañeiros do Rosal. facemos un adianto para inaugurar esta sección da nosa radio incluindo o tema que nós aportamos para o disco: unha versión moi cariñosa de “O tren” de Andrés de Barro, que vos deixamos no audio deste artigo, e que agardamos que sexa do voso gusto.