03 Mar Hoxe debatimos…
FAN BEN OS YOUTUBERS EN MARCHARSE A VIVIR A ANDORRA?
A música de Carlos Varela introdúcenos na primeira entrega do noso programa de Debate.
Neste programa, Iria e Mónica , debaten e expoñen os seus puntos de vista sobre un tema candente e moi de actualidade: a fuxida dalgúns youtubers a Andorra para, sobre todo, evitar pagar tantos impostos como lles correspondería de seguir vivindo en territorio español.
Presentado e moderado polos alumnos Anxo e Martín.