
02 Mar Charly Lopez
Hoxe tivemos o pracer de contar, no cuadrilátero radiofónico, con Carlos López, máis coñecido como “Charly López”, responsable do club Spartan Team Tomiño.
Está organizando a velada de Boxeo do próximo 21 de Marzo. Dixonos que a organización é difícil, pero espera que todo salga como está previsto.
A nivel competitivo vai facer realidade un dos seus soños, debutar no boxeo profesional. Que está moi contento por ser no concello de Tomiño, e tamén pola participación do seu irmán David na velada.
Invitounos a todos a asistir o 21, porque estarán deportistas do máis alto nivel galego.
Sabe que é un deporte de contacto, pero destaca que sempre rematan cun bo abrazo.