17 Feb Ani Fernández
Hoxe tivemos no noso estudio a Ani Fernández, concelleira en Tomiño das áreas de cultura, patrimonio e normalización lingüística.
Este vindeiro venres, con motivo do Entroido, celebrarase o tradicional “venres de foliada”, onde se espera o redor de 2000 persoas, e 20 Comparsas desfilando polo centro Tomiñés. Tamén nos lembrou as actividades que se realizarán na vila de Goian. Falamos da rede galega de teatros ao que se acaba de unir o noso Concello. Tamén falamos de Rosalía de Castro e da súa fundación.