18 Jan Voces no faiado. Episodio 1
Iniciamos a nosa andaina conversando sobre curiosidades que se poden atopar no faiado, entre elas libros, e algúns deles ademais transcorren parcialmente nun faiado como Mujercitas, de Louise May Alcott, moitas veces levada ao cine (na imaxe, as protagonístas da recente adaptación de 2019). Por último escoitamos unha historia orixinal que che vai encantar, e como aínda non ten título esperamos que nos digas nos comentarios que título lle porías ti.
Voces no faiado é unha idea de Puri Ameixide e realización de Xosé Luis Lechuga. Neste episodio contamos coa colaboración de: Sara Gómez, profesora de Lingua e Literatura Castelá, Paula Leyenda, David Rodríguez Lorenzo e Nicolás Fernández Magallanes, estudantes de 1º de bacharelato. Ademais escoitamos a música de Fools Garden (Lemon Tree), Andy McKee (Rylynn), Joan Manuel Serrat (Aquellas pequeñas cosas), Erik Satie (Les Fils des Etoiles) e Talking Heads (Psycho Killer).