
05 Feb Igrexa de Boiana
A Igrexa de Boyana, situada ás aforas de Sofía, é unha das xoias do patrimonio medieval búlgaro. Construída entre os séculos X e XIII, destaca polos seus frescos excepcionais de 1259, considerados unha obra mestra da arte europea medieval. As súas pinturas, realistas e expresivas, adiantáronse ao Renacemento por séculos. Decobre, coa axuda de Leo, esta pequena igrexa que encerra un tesouro artístico único que continúa a fascinar visitantes de todo o mundo.