
08 Mar Hoxe celebramos o 8 de Marzo
Tanto a educación como o feminismo adícanse a tender pontes, e por iso neste 8 de Marzo a radio do centro tendeu unha ponte entre o presente e o futuro. Un conxunto de alumnas fixeron entrevistas a diferentes investigadoras da Universidade de Vigo para descubrir cal é o camiño que te conduce a adicarte á investigación científica.
Ainhoa entrevistou Marta Conde, bióloga mariña e científica do CIM.
Laura Teixeira preséntanos á enxeñeira química e membra do CINTECX, Xanel Vecino.
Leire e Nerea informáronse sobre o mundo das TICs para entrevistar a Laura Docío, membra do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic).
Lidia e Davinia preguntáronlle a Herminia Domínguez, enxeñeira química e membra do CINBIO, acerca do futuro do desenvolvemento sostible.
Elena Martín, científica do Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, conversa con Uxía Dacuña e Uxía Torrado.
Finalmente, Andrea e Sara lle piden a Loli Garza Gil que lles explique brevemente as bases da economía sostible no ámbito mariño.