
22 Out Hoxe celebramos as regueifas
Hoxe contamos no noso IES coa presenza de Bieito Lobariñas, mestre, músico e regueifeiro, que se achegou, dentro do programa da Asociación Oral de Galicia para impulsar o Proxecto Regueifesta, para conversar co alumnado de 1º da ESO e trasmitirlles o amor pola tradición oral e polas regueifas aos nosos nenos e nenas. Despois do seu obradoiro, Xana e Xulia, alumnas de 1º, realizáronlle unha entrevista que gravamos nas nosas dependencias de Radiomocidade. Quedades con ela, agardamos que vos guste.