Inicio de sesión

Fortificación veneciana de Kotor

Fortificación veneciana de Kotor

Situada nun impresionante fiorde do Adriático, Kotor é unha xoia medieval rodeada por impoñentes murallas defensivas. A súa Cidade Vella, cun labirinto de rúas estreitas, prazas encantadoras e igrexas centenarias, reflicte séculos de influencias venecianas. As súas fortificacións, que se estenden ata as montañas circundantes, ofrecen vistas espectaculares da baía. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, Kotor é un testemuño vivo da historia marítima e comercial do Mediterráneo. Hugo Ares lévanos a descurbir esta fortaliza montenegrina que lidera a arquitectura da área de Kotor.