Inicio de sesión

Voces novas

O Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño nace coa intención de establecer unha canle permanente de participación na actividade municipal de nenos, nenas e adolescentes, especialmente para tratar aquelas cuestións que lles afecten dun xeito directo.

As Voces Novas de Tomiño teñen nesta sección da radio unha nova voz para expor os seus proxectos a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes e de fomentar a súa participación activa na vida tomiñesa.