Inicio de sesión

Nova exposición na Bienal de Cerveira

Nova exposición na Bienal de Cerveira

A Bienal de Cerveira ven de presentar unha iniciativa magnífica. Así, durante os próximos dous meses será posible visitar as obras da XX Bienal da localidade. Por iso, o noso programa de decembro será realizado desde as instalacións da Bienal. Contaremos cun panel misto de estudantes das dúas beiras do Miño. Con elas e con eles, trataremos o tema das relacións transfronteirizas vistas pola xente nova. Como senten o outro lado? Como se relacionan? Que reclaman? O último venres de decembro, as respostas en Debate, o teu programa en Radio Mocidade.