Inicio de sesión

A nosa música

A nosa música  é unha seccion de Radiomocidade na que pretendemos darlle son a todos os membros da nosa comunidade comunicativa que teñen a cualidade de expresarse musicalmente, interpretando pezas cos seus instrumentos ou coa súa voz, en grupo ou como solistas. Pretendemos que as súas interpretacións queden recollidas para que poidamos disfrutalas cando queiramos. Temos a sorte de ter moito talento entre o noso alumnado e profesorado. Agardamos que sexa do voso agrado e que vos animedes a participar.

  • “É isto é o amor” é un proxecto que nace da necesidade de promover os valores da diversidade, a igualdade, a inclusión, a cultura propia, as distintas capacidades, o respecto e, por enriba de todo, o amor, a través da realización dunha produción audiovisual que......

  • A alumna do noso IES María Fernández visítanos para falarnos da súa paixón: a música e o seu instrumento: o clarinete. Realiza a entrevista Sergio Crespo e soan Oblivion de Astor Piazzola no clarinete de María e Hiroshima de Ben Folds no arranque e no......

  • No ano 2005, o noso centro, daquelas o IES de Tomiño, participou na 1ª edición  do disco Meninos Cantores. 16 anos despois, voltamos a embarcarnos nesta aventura. O disco/documental xa está feito. en xaneiro de 2022 faremos unha presetnación no Auditorio de Goián,  xunto cos......

  • Empezan os días do entroido en Galicia, aquí no Baixo Miño temos unha gran tradición, e son varias as localidades onde festexamos estes días de rúa, disfraz e amizade compartida. Neste programa, Nuria e Sarah falan dos entroidos doutra zona de Galicia. Na parte técnica......

  • Estamos a celebrar estes días nos recreos a 2ª semana da Música, coa colaboración do depto de música e do EDLG. Aqui deixamos unha primeira parte dos temas que nos ofreceron as nosas artistas. Bravo por elas. En breve subiremos a segunda parte. Viva a......