Inicio de sesión

A mocidade debate

CANDO?
O primeiro venres de cada mes, a partir das 17h. Se non nos podes escoitar en directo, tes a opción de oír os nosos podcasts aquí.

O noso Debate é un programa mensual no cal o protagonismo recae sobre a xente nova de Tomiño. En cada edición será abordado un tema monográfico, enriquecido con entrevistas a expertos. Estudantes do IES Antón Alonso Ríos tomarán a palabra para abordar as diferentes perspectivas sobre o tema e tentar chegar a conclusións.

O tema do próximo programa será Por que a mocidade fala cada vez menos galego? 

Na moderación estará Filipe Diez e aos mandos dos controles técnicos Fátima Ruibal.

  • 2019 comeza e o Debate non para na Radio Mocidade. E como primeiro asunto, nada mellor que preguntarlle ao noso panel de participantes que mundo esperan do futuro. Pero non deste ano que xa é realidade, senón Como imaxinas o mundo e a túa vida......

  • A Bienal de Cerveira ven de presentar unha iniciativa magnífica. Así, durante os próximos dous meses será posible visitar as obras da XX Bienal da localidade. Por iso, o noso programa de decembro será realizado desde as instalacións da Bienal. Contaremos cun panel misto de......

  • O noso panel de comentaristas debaterá a candidatura do Xabarín para ser o novo Director do noso instituto. Terá máis apoios ou predominarán as críticas? Sintoniza este venres Radio Mocidade e participa connosco....